ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

As condicións de acceso están estabrecidas no Real Decreto 777/98, de 30 de abril, no que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional.

O acceso a ciclos formativos de grao superior pode realizarse de dúas formas:

a) Acceso directo, se se reúnen os requisitos académicos necesarios.
b) Acceso mediante unha proba, se non se reúnen os requisitos académicos.

1.- ACCESO DIRECTO:

Os requisitos académicos necesarios para ter acceso directo son:
a) Titulados/as de Bacharelato LOXSE
b) Titulados/as de Bacharelato Experimental
c) Ter COU ou Preuniversitario superado
d) Titulados/as de Formación Profesional de segundo grao, ou outras titulacións equivalentes a efectos académicos.
e) Titulados/as Universitarios/as que non teñan ningunha das titulacións anteriores.

2.- ACCESO MEDIANTE PROBA:

Aquelas persoas que queiran acceder a un Ciclo Formativo de Grao Superior e non cumpran ningún dos requisitos académicos de acceso directo, sempre que teñan cumpridos vinte anos de idade ou os cumpran no ano en curso, poderán presentarse a unha proba na que o aspirante deberá acredita-la madurez en relación cos obxectivos do Bacharelato.

Para quen acredite estar en posesión do título de Técnico e desexe acceder a un ciclo formativo de grao superior da mesma familia profesional, o requisito da idade para a realización da proba será ter 18 anos, ou cumplilos no ano en curso.

Características da proba

Constará de dúas partes: Parte Xeral e Parte Específica e o nivel esixible corresponderá ó do Bacharelato LOXSE.  A Parte Xeral, común a tódolos Ciclos Formativos de Grao Superior, conterá dous apartados:
– Apartado A: Preguntas sobre contidos das materias comúns do Bacharelato, Lingua e Literatura e Historia, que se formularán trala lectura comprensiva dun texto.
– Apartado B: Constará de exercicios de Matemáticas, contidos incluídos no currículo das materias de Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

A Parte Específica incluirá contidos de determinadas materias de modalidade ou optativas do bacharelato, segundo a opción á que estea adscrita o ciclo formativo.

Exención da parte específica da proba.

Se se acredita máis dun ano de experiencia laboral no sector profesional correspondente ó Ciclo Formativo que se desexe cursar, pode solicitarse a exención da Parte Específica.

TITULACIONS DE GRAO SUPERIOR RELACIONADAS COA DELINEACION

– Deseño e Producción Editorial – Familia Artes Gráficas
– Desenvolvemento e Aplicación de Proxectos de Construcción – Familia Edificación e Obra Civil.
– Desenvolvemento de Proxectos Urbanísticos e Operacións Topográficas – Familia Edificación e Obra Civil.
– Realización e Plans de Obra – Familia Edificación e Obra Civil
– Desenvolvemento de Productos Electrónicos – Familia Electricidade e Electrónica
– Construccións Metálicas – Familia Fabricación Mecánica
– Desenvolvemento de Proxectos Mecánicos – Familia Fabricación Mecánica
– Desenvolvemento de Productos en Carpintería e Moble – Familia Madeira e Moble

http://wwwn.mec.es/educa/jsp/plantilla.jsp?id=31&area=formacion-professional

CURSOS IMPARTIDOS POLO COLEXIO PROFESIONAL DE DELINEANTES DE PONTEVEDRA

– Topografía. Duración 50 horas. Contido: Iniciación a topografía. Manexo de estación total. Clases teóricas e prácticas.
– Microstation. Duración 60 horas. Nivel básico.
– Prevención de Riscos Laborais. Duración 50 horas. Semipresencial (16 horas presenciais) Nivel básico. Especifíco Construcción.
– Maquetismo. Duración 40 horas. Curso práctico sobre construcción de maquetas.
– Dereito Urbanístico . Duración 40 horas. Contido: Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia
.

‘Volver Arriba’