Segundo o artigo 3.1 da Lei de Colexios Profesionais quen teña a titulación requirida e reúna as condicións sinaladas estatutariamente terá dereito a ser admitido no Colexio Profesional que corresponda.

Se está interesado en darse de alta no COLEXIO OFICIAL DE DELINEANTES DE PONTEVEDRA, pode descargar o seguinte impreso que debe cubrir cos seus datos e entregar nas nosas oficinas, adxuntando a documentación que lle indicamos:

– Fotocopia do DNI
– Fotocopia do título oficial ou certificado de habelo solicitado.
– 2 fotos tamaño carné.
– Domiciliación bancaria das cotas colexiais.
– Resgardo de entrega de transferencia de taxas de colexiación á conta do Colexio. (solicitar información Colexio Oficial de Delineantes de Pontevedra)
– Pagamento en caixa