BREVE HISTORIA DA NOSA PROFESIÓN

As anegacións periódicas do río Nilo levaron a ter que fixar e remarca-las parcelas de cultivo dando pé á aparición dos Xeómetras.

Os Xeómetras derivaron posteriormente en distintas especialidades que deron paso a outras profesións. Xeómetras e Delineantes fundan en 1.953 a Agrupación Sindical de Delineantes Españoles (ASDE).

A Delineación é unha profesión que nace coa Arquitectura-Enxeñería, os Delineantes ocupámonos de face-los documentos que serven para comunicar, e de explica-lo proceso de construcción dos edificios e das máquinas. A Delineación en España non tiña escolas nin titulacións específicas de Delineantes, a Delineación exercíase como os vellos oficios, nos que a formación era autodidacta e graduada (aprendices, oficiais e mestres).

ASDE nace reclamando escolas e un plan de estudios específico para os Delineantes Proxectistas, regulación da profesión e un Colexio Profesional dos Delineantes. Coa democracia – en 1.978 – ASDE constitúese en Colexio Profesional. As sucesivas reformas dos plans de estudio das carreiras técnicas non atenderon ás reclamacións dos Delineantes. En 1.957 deixase aparcada a especialidade de Delineante Proxectista.

foto1

En 1.958 establécese por primeira vez na Formación Profesional Industrial, a especialidade de Delineación, insuficiente e lonxe das propostas da ASDE. En 1.974 refórmase a Formación Profesional e aparecen 11, 21 e 31 grao de Formación Profesional, a Delineación pouco cambia e a chamada FP-3 (o 31 grao) non se chega a implantar.

En 1.990 a LOXSE reforma novamente a FP e dá paso á desaparición do título de Delineante transformándoo en distintas especialidades cos títulos de Técnico Superior en Desenvolvemento de Proxectos Urbanísticos e Operacións Topográficas, Técnico Superior en Desenvolvemento e Aplicación de Proxectos de Construcción na Familia Profesional de Edificación e Obra Civil, e Técnico Superior en Desenvolvemento de Proxectos Mecánicos na Familia Profesional de Fabricación Mecánica.

 

CONSELLO GALEGO DOS COLEXIOS PROFESIONAIS DE DELINEANTES

Colexio de Delineantes de A Coruña
Avda. General Sanjurjo, 189 – 1º B
15006 A CORUÑA
Tfno./Fax 981. 28.95.90
e-mail: colegiodelineantes@gmail.com
Colexio de Delineantes de Lugo
Rúa Ramiro Rueda, 10 – Entrechán
27003 LUGO
Tfno./Fax 982.24.52.06
e-mail: delineanteslugo@wanadoo.es
Colexio de Delineantes de Ourense
Rúa Capitán Eloy, 26 – 21
32003 OURENSE
Apartado de Correos 646
32080 OURENSE
Tfno./Fax 988.25.54.05
e-mail: c.delineantesou@vodafone.es
Colexio de Delineantes de Pontevedra
Rúa Conde de Torrecedeira, 40 Entrechán
36202 VIGO
Tfno. /Fax 986. 29.42.93
e-mail:  info@delineantesvigo.com

ARQUITECTURA-CONSTRUCCIÓN-OBRAS PÚBLICAS

Os Delineantes neste sector exercen nas oficinas ou gabinetes técnicos como empregados ou como profesionais pola súa conta.
No desenvolvemento de proxectos de vivendas, urbanizacións e construccións civís, no seu orzamento, cálculo, maquetación, animación gráfica e presentación.
Na xardinería, paisaxismo, moblaxe urbano, instalacións eléctricas, redes, canalizacións, autoestradas, estradas, portos, minas, pedra, prefabricados da construcción, carpintería, moblaxe, saneamento, naves industriais, etc.
Na xestión e tramitación das obras menores, xestión urbanística, reformas, estados actuais, deslindes, peritación, etc. E o servicio da Administración Pública.

INDUSTRIA

Os Delineantes Industriais son a especialidade máis cualificada da nosa profesión, e a menos coñecida.
Os Delineantes Proxectistas por excelencia, deseñadores de utillaxe, carrocería, estructuras mecánicas, moldes, troqueis, etc.
No desenvolvemento de proxectos industriais de todo tipo, que van dende a fabricación de compoñentes á producción aeroespacial.
Vinculados, esencialmente, á Enxeñería Industrial, os Delineantes exercen nos gabinetes técnicos, consultings ou empresas, ben pola súa conta, ben como empregados.

TOPOGRAFÍA-CARTOGRAFÍA

Historicamente unha das máis vellas especialidades dos Delineantes, e que arranca coa creación do Instituto Xeográfico e Catastral e o seu corpo de Delineantes-Topógrafos e Cartógrafos.
Nesta especialidade os Delineantes son fundamentalmente prácticos en Topografía e Delineantes de Cartografía terrestre e marítima.
Os Delineantes neste sector exercen nas oficinas ou gabinetes como empregados ou como profesionais pola súa conta.
Nos levantamentos topográficos de terreos, planeamentos de obra, cubicaxe de terras, trazas de liñas eléctricas, canles de abastecemento, deslinde de fincas, parcelación e reparcelación, etc.
Os novos plans de estudios de Desenvolvemento de Proxectos Urbanísticos e Operacións Topográficos amplía e mellora considerablemente, a formación e capacidade dos Delineantes Proxectistas e Delineantes Topógrafos.

 

O EXERCICIO PROFESIONAL

DEONTOLOXÍA

foto3As profesións de antigo, teñen un código de honra no seu exercicio. Lealdade na competencia, cumprimento nas encargas e garantía da boa execución do seu traballo, son algunha das Normas Deontolóxicas que un bo profesional respeta.

Os Colexios Profesionais encárganse de vixia-lo correcto exercicio profesional dos seus colexiados.

INNOVACIÓN

O tempo cambiou as ferramentas de traballo dos Delineantes, e hoxe, a informática é un dos instrumentos de traballo máis adiantados.

A Delineación asistida por ordenador constítúe unha nova e potente ferramenta de traballo, que fai máis fácil e máis universal a linguaxe dos técnicos/as.

O teletraballo preséntase como a modalidade de exercicio profesional do futuro inmediato. Delinear dende a propia casa sen necesidade de acudir á oficina doutro, enviar e recibi-las encargas a través das chamadas “autoestradas informáticas”, supón unha nova concepción do traballo.

ESPECIALIZACIÓN

A implantación das novas titulacións e os Módulos experimentais da F.P. fan xurdir novas especialidades na Delineación, os Deseñadores Gráficos, os Deseñadores Industriales ou os Técnicos Superiores.

Estas especializacións dos Delineantes non son novas xa que de feito son algunhas das especializacións que xa se viñan exercendo e que non existían na formación académica.

No mercado laboral e no exercicio libre da profesión son moitas as solicitudes de Delineantes cada día máis especializados.

LEXISLACIÓN DE APLICACIÓN

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA:

Artigo 36.- A Lei regulará as peculiaridades propias do réxime xurídico dos Colexios Profesionais e o exercicio das profesións tituladas. A estructura interna e o funcionamento dos Colexios deberán ser democráticos.

Lei de Colexios Profesionais 2/1974, de 13 de febreiro. Modificada por Real Decreto-Lei 5/1996, de 7 de xuño

Artigo 3.2.- É requisito indispensable para o exercicio das profesións colexiadas a incorporación ó Colexio correspondente. Cando unha profesión se organice por Colexios Territoriais, bastará a incorporación a un só deles, que será o do domicilio profesional único ou principal, para exercer en todo o territorio do Estado.
Cando os Colexios estean organizados territorialmente atendendo á esixencia necesaria do deber de residencia para a prestación dos servicios, a colexiación habilitará soamente para exercer no ámbito territorial que corresponda.

ESTATUTOS DOS COLEXIOS PROFESIONALES DE DELINEANTES RD 3306/78

Artigo 13.a.- Para exercer legalmente a profesión de Delineante será requisito indispensable estar colexiado/a no Colexio establecido na demarcación da súa residencia, agás no caso dos funcionarios públicos que realicen a súa actividade exclusivamente ó servicio da Administración.

CÓDIGO PENAL

Artigo 403.- O que exercera actos propios dunha profesión sen posuí-lo correspondente título académico expedido ou recoñecido en España de acordo coa lexislación vixente, incorrerá en pena de multa de seis a doce meses. Se a actividade desenvolvida esixira un título oficial que acredite a capacitación necesaria e habilite legalmente para o seu exercicio e non estivera en posesión de dito título, imporase multa de tres a cinco meses.
Se o culpable se atribuíse publicamente a cualidade de profesional amparada polo título referido, imporáselle a pena de prisión de seis meses a dous anos.

Volver Arriba